O pasado venres día 21 finalizaron os tres días de estancia dos alumnos do instituto “Illa de Sarón” de Xove en Alfoz, dentro do programa “Coñece Alfoz e o val do río Ouro, que organiza a ACIA de Alfoz. Foron tres días intensos, cunha chea de visitas e actividades deportivas, culturais e lúdicas. Mándovos varias fotos das actividades, nas que aparecen o paseo a cabalo por Carballido, a visita ós invernadoiros de Moucide (propiedade do actual alcalde do Valadouro), a visita á chapistería Irmáns Rega, o descenso en kaiak polo río Ouro e a obrigada visita ó castelo do Castro de Ouro.




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



