A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o primeiro Foro de Economía que se celebrará este venres ás 20.30 no CENIMA de Foz. O foro arrincará cunha mesa redonda na que se vai abordar o tema da EDUCACIÓN EN FOZ, ademais de “como a crise e os conseguintes recortes tanto económicos como de dereitos están afectando a un sector tan vital para o noso futuro como é a educación e preparación dos nosos fillos”, indican dende a asociación. Tres poñentes disertará durante 10 minutos para continuar cunha quenda de rogos e preguntas e un posterior debate. Nemesio Rodríguez, director do IES de Foz, falará da situación que está a padecer o sistema educativo focense; Abilio Calvo, representante das ANPAS de Foz, disertará sobre os problemas que están a padecer os pais dos alumnos tralos recentes recortes e Xoán Carlos González Basanta, representante da CIG Ensino, que participará como portavoz do profesorado, para amosar cales son as inquedanzas do profesorado e os problemas que está a sufrir.
I Foro de Economía sobre a educación en Foz
I Foro de Economía sobre a educación en Foz
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón