Desde Mulleres en Igualdade de Burela agradecen a colaboración e boa disposición de Supermercados Eroski de Burela e Supermercados Familia de Foz pola campaña de “Operación Kg” que durante estes días se está realizando non seus establecementos. A asociación dá as grazas de igual maneira a Tiendas Verdes de Ribadeo, Foz e Burela, Supermercados Claudio de Burela e Centros de Dietética y Nutrición Alba Vila de Foz e Burela. Ademais, destacan a gran acollida que están tendo con esta iniciativa xa que a axuda dos cidadáns da Mariña está seno alta con carros de alimentos e outros produtos de primeira necesidade pero piden tamén que se teña en conta botar algún produto infantil (pañais, leite, xabóns…). Por outro lado, Mulleres en Igualdade colaborará proximamente con Acia Burela na II Festa Castrexa.





















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



