A semana pasada asistimos en Burela a un Pleno Municipal máis baleiro totalmente de contido, o que demostra de novo a nula xestión do equipo de goberno do PP: ningún proxecto novo, ningunha obra nova, ningún novo servizo… nada de nada. Ese é o resumo do Pleno da semana pasada.
Pero para o que si serviu este Pleno foi para comprobar unha vez máis dúas cousas:
-unha, o PP gasta máis da conta, por moito que se empeñen en negalo. Un dos puntos do Pleno era o recoñecemento extraxudicial dunha serie de facturas (por importe de máis de 120.000 €) que non entraron dentro do orzamento de 2012, ben porque chegaron tarde (unha vez pechado o ano contablemente) ou ben porque se gastou de máis en certas partidas. E por este concepto, por gastar de máis (posto que eran facturas correspondentes aos meses de agosto, outubro ou decembro de 2012 e deberían de ter sido pagadas con normalidade), case 51.000 € en facturas de 2012 tiveron que ser recoñecidas agora. E, insistimos, foron cartos gastados de máis en distintas concellerías e que non se puideron pagar en tempo e forma correctos porque xa non había cartos.
– e dúas, o PP sitúase en contra dos intereses dos veciños e veciñas de Burela porque non vota a favor dunhas mocións que dende o BNG presentamos. Tratábase dunha moción relativa ás nefastas consecuencias que a futura Política Pesqueira Común, avalada polo PP no Goberno do Estado e tamén na Xunta de Galiza, vai traer para o noso sector pesqueiro nos vindeiros anos. O tema das cotas de pesca e dos descartes, entre outros, que plantexa a nova PPC da UE van supoñer consecuencias moi graves para a nosa flota e o PP de Burela “pasa” do tema para non molestar os seus compañeiros de partido en Madrid.
E, aínda hai máis, tamén o PP de Burela se negou a apoiar a nosa moción sobre os xulgados de paz e os rexistros civís. O Goberno do PP no Estado pretende modificar estes dous organismos: os xulgados de paz desaparecerán (as actuacións que neles se facían pasarán a facerse nos xulgados das capitais) e os rexistros civís deixarán de ser gratuítos ao pasar a mans privadas as xestión que neles se facían. E o PP de Burela non está en contra disto.
Á marxe dos asuntos do Pleno, que como xa dixemos eran de mero trámite e sen ningún proxecto de futuro, o que si son interesantes son os Decretos de Alcaldía que acompañan a documentación de cada Pleno. E, son interesantes porque nos mostran, unha vez máis, que o equipo de goberno do PP de Burela o único que fai é viaxar, facer turismo polas Consellerías, sen ningún proveito á vista: ningunha obra nova, ningún proxecto de futuro, ningún novo servizo.
En outubro do ano pasado solicitamos, por escrito, ao Alcalde explicación sobre as súas avultadas dietas. Reiteramos, ante o seu silencio, a nosa petición en xaneiro de 2013. Pero, o sr. González Barcia négase a contestarnos. Máis de 7.000 € gastou o Alcalde en dietas durante o ano 2012 e non quere dar explicacións das supostas xestións que realiza nesas viaxes.
Pero agora, no 2013, non só viaxa o Alcalde senón que tamén lle colleron gusto ao tema outros catro concelleiros/as máis. Entre o Alcalde, o concelleiro de obras, a concelleira de servizos sociais, a concelleira de cultura e a concelleira de deporte levan gastados nos tres primeiros meses deste ano 2013 máis de 3.000 € en dietas. E todos os veciños e veciñas de Burela nos preguntamos qué van facer nesas viaxes porque nada novo vemos na nosa vila que demostre as súas supostas xestións nestes desprazamentos.
Pois isto é o resumo do Pleno Municipal de Burela do mes de maio: un Pleno baleiro totalmente de contidos (nada novo, é algo ao que xa estamos acostumados). E unha documentación complementaria na que podemos constatar unha vez máis o derroche de cartos públicos en viaxes e desprazamentos do equipo de goberno do PP que nada aportan ao benestar e á mellora do noso concello.



















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



