Cervo, 22 de xuño de 2013-A Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe José Ramón Soto, pechou onte o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán. Despois de recoller todas as peticións, a delegación autorizou o acendido de 104 fogueiras repartidas por todas as parroquias do municipio. Estas cacharelas son as únicas que se poderán realizar na noite de San Xoán e, polo tanto, queda terminantemente prohibido o acendido de fogueiras que non obtiveran dito permiso.
Deste xeito, o Concello ten preparado xa un dispositivo especial de seguridade para ese día. Ao mesmo tempo, a Concellería de Seguridade Cidadá quere transmitir á poboación unha serie de medidas de prevención e autoprotección para evitar riscos e que foron remitidas pola Dirección Xeral de Emerxencia. Así, é importante que as fogueiras teñan un perímetro limitado, de non máis de 8 metros, e unha altura máxima de 3 metros, estando separadas de árbores, edificios ou calquera construción, tendidos eléctricos ou telefónicos ou tubaxes de gas a un mínimo de 12 metros. Ademais, as fogueiras non poderán estar nunha zona onde existan almacéns de produtos inflamables.
En canto aos produtos que non se poderán queimar, quedan prohibidos os plásticos e todo artigo fabricado con PVC, caucho, rodas ou calquera outro que puidera producir gases tóxicos. Tampouco materiais que poidan estalar, como sprays ou recipientes a presión. Hai que ter especial coidado co vento, que pode levantar cinzas e charamuzas ardendo, polo que é recomendable non botar papel ou cartón. É imprescindible ter previsto material para apagar o lume, como extintores ou mangueiras con auga.
Especial mención merecen os saltos nas fogueiras, que deberán realizarse con extrema precaución utilizando calzado e vestimenta axeitada, e sempre valorar as posibilidades de saltar segundo o tamaño da fogueira, así como as condicións físicas e a idade do individuo. E lembrar que para calquera emerxencia hai que chamar ao 112.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



