Cervo, 28 de xuño de 2013-O Concello de Cervo anunciou hoxe que a partir de mañá sábado entrará en funcionamento o servizo de salvamento acuático nas praias do municipio e na piscina de Río Covo. Deste xeito, actívase o dispositivo de salvamento especial pola temporada estival nas zonas de baño cervenses preparado para salvagardar a seguridade dos usuarios.
Un servizo de atención e vixilancia profesionalizado, que conta con técnicos en salvamento acuático e patróns de embarcacións de salvamento e que ao longo dos próximos días irá completando os seus medios e recursos. En canto ao horario do salvamento na piscina de Río Covo será de luns a domingo de 15:00 a 20:00 horas.
Dende a delegación de Seguridade Cidadá o seu edil, José Ramón Soto, lembra que o de salvamento acuático é un servizo de vixilancia e socorrismo, pero os bañistas tamén “deben actuar con precaución nas praias e na piscina e atendendo ás indicacións dos socorristas para evitar incidentes”.
Este servizo ponse en marcha a través dunha subvención que concede a Consellería de Traballo a través dos Programas de Cooperación no ámbito de colaboración coas Entidades Locais. Ao mesmo tempo a edil de Turismo, Begoña Alonso, destaca a importancia de dispoñer deste servizo que contribúe “a la buena imagen de nuestras playas y, por lo tanto, en beneficio del sector turístico”.