Ás doce menos cuarto da mañá a expedición integrada por medio cento de alumnos, alumnas e profesoras foi recibida na Alameda dos Remedios polo coordinador da Plataforma “Comarca de Mondoñedo Unida”, José Luís Fernández Ansedes quen lles falou sobre a primeira Festa da árbore que se celebrou nese lugar o 4 de febreiro de 1569.
De seguido, a expedición desprazouse ata a Centro cultural de Alcántara (coñecido popularmente como A casa da xente), onde foron recibidos polo tenente alcalde e concelleiro de cultura mindoniense, Xusto Fernández Haro. Neste edificio, que outrora fora a igrexa do mosteiro dos monxes alcantarinos, hai unha exposición permanente sobre a vida e a obra de músicos e escritores mindonienses.
A ruta turístico-literaria parte deste punto e desde alí, os da cidade das murallas, foron guiados por Xe Freyre e Fran Bouso por diferentes lugares vinculados coa vida e obra do médico e poeta mindoniense, a quen lle foi adicado o Día das Letras Galegas do ano 1981.
Ao longo do percorrido non faltaron referencias a outros escritores, investigadores, músicos, artistas plásticos e personaxes históricos de Mondoñedo como Álvaro Cunqueiro, Noriega Valera, Lence Santar, Pascual Veiga, Pacheco, Juan Puchades, Marina Mayoral ou Antón Meilán.
Logo de camiñar pola rúa Manuel Leiras Pulpeiro onde se atopan as casas nas que viviu e finou o escritor, pasaron pola antiga Sociedade de Obreiros Católicos (na cal exerceu como médico), a rúa Febrero (onde está a casa natal), fonte vella e praza da Catedral (lugares vinculados á súa obra), rúa da ponte (bordeando as murallas medievais mindonienses) para chegar ao Cemiterio Vello e alí depositar rosas “roxas” na lápida do poeta republicano, masón e anticlerical.
No Cemiterio Vello, actualmente reconvertido en parque, puideron visitar as tumbas de Cunqueiro, Veiga, Pacheco, entre outros. Desde este punto partiron en autobús ata o Coto da Recadieria onde continuaron camiño a pé pola senda que leva á área recreativa de A Fervenza pola Ponte dos Carabullos.
Logo de visitar os restos das instalacións da primeira central hidroeléctrica que funcionou en Mondoñedo a finais do século XIX (foi inaugurada o 19 de marzo de 1893), puideron gozar dun xantar campestre no merendeiro da piscina fluvial para, xa pola tarde, participar nunha competición de xogos populares.
Ao longo do percorrido, alumnos, alumnas e profesoras, foron lendo poemas de Leiras que facían referencia aos lugares que ían visitando.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



