Santiago, 20 de xuño de 2013.- O PPdeG vén de presentar no Parlamento unha iniciativa para instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha liñas de cooperación cos concellos declarados de interese turístico para levar a cabo accións de atención e información aos visitantes na tempada estival.
Os populares sinalaron que a afluencia de visitantes nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro obriga a estes concellos a contratar persoal nas oficinas de información turística polo que solicita a colaboración da Administración autonómica “para o mantemento da calidade no servizo de información turística que se presta, de xeito que se potencie a imaxe de Galicia no seu conxunto e se colabore cos concellos no mantemento destas oficinas”.
Segundo explican desde o PP a propia declaración de municipio turístico xa é unha manifestación firme de compromiso destes concellos coa potenciación do sector turístico como área económica, social e cultural. Este compromiso leva implícito obrigas referidas fundamentalmente aos servizo públicos que deben prestar este concellos en aras de potenciar e poñer en valor os seus recursos turísticos e, máis en concreto, a disposición das propias oficinas de información e asesoramento ao visitante.
“Ese esforzo por parte dos concellos merece ter o recoñecemento da administración galega e ser apoiado con liñas de cooperación para que poidan desenvolver esa tarefa do mellor xeito posible cara a promoción desas zonas na época de maior afluencia de xente- indican no PP- quen concretan estes apoios na colaboración da Xunta para a contratación do persoal nas oficinas de turismo.
POTENCIAIS BENEFICIARIOS
Na provincia de Lugo dez son os concellos que teñen acadado esta distinción logo de ter reunido unha serie de requisitos de carácter histórico, monumental, paisaxístico e de conservación da natureza. Dentro das condicións esixidas esta a afluencia turística ou o número de aloxamentos turísticos e segundas residencias, ou a prestación de servizos e infraestruturas municipais cuns niveis mínimos de calidade.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



