A obra pintor barreirense Celso Dourado estará presente nunha exposición internacional durante o vindeiro verán no norte de Alemaña, na cidade de Greiffwald. Dourado considera moi importante poder participar neste evento, tras o seu paso hai dous anos por Edimburgo.
Celso Dourado amósase moi satisfeito de poder participar en dito evento “que se celebra nunha cidade moi importante do norte de Alemaña. O mesmo galerista que me levou hai dous anos a Edimburgo convidoume agora a acudir a Greiffwald. Cada artista participa con dúas obras”. O pintor barreirense subliña que “se trata dunha exposición de carácter internacional que se desenvolve no centro cultural da cidade que se chama Pomerhus, un dos máis relevantes do norte do país xermano. Esta cidade está situada a 200 kilómetros de Berlín, e é moi similar á de Santiago de Compostela, que depende en grande parte da súa universidade. Durante o verán celébrase o festival dos estudantes onde se desenvolven todo tipo de actividades culturais, musicais e artísticas”.
Dourado dixo que “Greiffwald ten fama, sobre todo, polo pintor romántico Caspar David Friedrich. Foi un dos máis importantes de Europa na súa época. Hai un comentario que me mandou o galerista que o di todo: Greiffwald é unha universidade cunha cidade”.
A exposición na que estará presente a pintura de Celso Dourado poderá visitarse do 8 de xullo ao 10 de setembro.