O PSdeG de Barreiros espera que “por fin os tribunais aclaren a histórica e grave desfeita urbanística do PP” no municipio e “dunha vez por todas se depuren responsabilidades dun desastre cuxas consecuencias veñen arrastrando os veciños desde hai anos, pola inconsciencia e os intereses particulares dos rexedores populares”.
A voceira socialista, Carmen Veiga, lamenta a “intranquilidade” que lle causa á cidadanía “este continuo goteo de informacións xudiciais”, ao que agora vén de sumarse a investigación da Audiencia Provincial ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, por un presunto delicto de prevaricación na concesión de licenzas de construcción.
Veiga afirma que a actual situación demostra “a irresponsabilidade dos gobernantes locais, que non son quen de xestionar os problemas do concello, e a desviación de poder da Xunta”, tal e como constatou esta mesma semana tamén o TSXG.
Veiga critica a “nefasta imaxe que todo isto provoca para o municipio, que “últimamente só e coñecido en toda España por este tipo de informacións e polas inaceptables saídas de tono do alcalde”, en referencia, por exemplo, á recente afirmación do rexedor do PP de que “os comunistas deixan de ser comunistas cando teñen cartos, as feministas deixan de ser feministas cando casan e os ateos deixan de ser ateos cando cae o avión no que viaxan”, que foi reflectida nos medios estatais.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



