Mondoñedo, 30 de xuño de 2013. O campo de fútbol Viñas da Veiga, de Mondoñedo, acolleu, na tarde de hoxe, a última final da XXX Copa Deputación de Fútbol, correspondente ás categorías de 2ª e 3ª autonómica na que o Santa Comba se alzou como campión tras derrotar ao Santaballés por tres goles a cero nun apaixoante encontro que foi seguido por centos de afeccionados que se desprazaron ata esta localidade para presenciar o partido enchendo así a grada.
O vicepresidente da Deputación e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, que presenciou o partido e entregou o trofeo de gañador ao Santa Comba, manifestou a súa satisfacción polo alto grado de participación nesta competición. Antonio Veiga quixo felicitar tamén ás afeccións de ámbolos dous equipos que se desprazaron en moi bo número ao campo de fútbol de Mondoñedo.
A área de Deporte da Deputación mantén o mesmo orzamento que na pasada edición para organizar esta competición. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, foron premiados con 5.000 e 4.000 euros, respectivamente. Ademais, cada equipo recibiu 450 euros por partido xogado. En 2ª e 3ª Autonómica, os premios alcanzaron os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibiron 385 euros por partido disputado. Na Copa feminina, os equipos campión e subcampión, recibiron 5.000 e 4.000 euros, respectivamente, así como 450 euros por partido xogado.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
