A Asociación Cultural Pomba do Arco, no marco do I Foro de Economía, organiza unha mesa redonda sobre o sector forestal na Mariña, que se celebrará este venres, 21 de xuño, ás 20:30 horas, no Cenima de Foz. Dada a súa relevancia económica para a comarca, cómpre establecer un fondo debate sobre o seu futuro para que se converta nun nicho de emprego e nun motor económico sostíbel nun momento de crise como o actual. Para iso, a Asociación Cultural Pomba do Arco convoca esta mesa redonda na que intervirán Teresa Rañal, da Federación de Asociacións de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL), Xesús Casabella, presidente da Comunidade de Montes de Cangas, e Bernardo Valdés, profesor de Estrutura Económica de da Universidade de Santiago de Compostela.
O sector forestal da Mariña, a debate no I Foro de Economía