Santiago, 22 de xuño de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e mais o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela inauguraron hoxe a Ruta dos Faros de Galicia, un traxecto turístico en tren que une Ferrol con Ribadeo e que dende hoxe ata o 15 de setembro poderá realizarse durante as fins de semana alternas.
A Ruta dos Faros forma parte dos proxecto turístico posto en marcha grazas á colaboración de Renfe e mais Turismo de Galicia e que utiliza o tren como medio de transporte turístico, unha iniciativa pioneira na comunidade e que inclúe o Tren Al-Andalus, a Ruta polos Xardíns da Camelia, o Galicia Rail-Pass, e mais a Ruta dos Faros da de Galicia que hoxe comezou a funcionar.
Segundo comentou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, “trátase dun proxecto pioneiro na comunidade e de gran valor diferencial”. “A Ruta dos Faros móstranos un destino onde a preservación ambiental, territorial, paisaxística e patrimonial está moi presente, o que converte a ruta nun elemento distintivo”, engadiu.
Características da ruta
A Ruta dos Faros ofrece varias posibilidades, o sábado pode percorrerse a ruta longa Ferrol-Ribadeo-Ferrol ou ben a ruta curta, Ferrol-O Barqueiro-Ferrol. O domingo o percorrido longo sería Ribadeo-Cerdido-Ribadeo e o curto Ribadeo-Ortigueira-Ribadeo.
A Ruta dos Faros permite coñecer enclaves como a Illa de San Vicente; o Cabo Ortegal; o miradoiro de Vixía Herbeira; Santo André de Teixido; o cabo de Estaca de Bares; O Barqueiro; Ribadeo; o Faro de Illa Pancha e a Praia das Catedrais. Para visitalos prográmanse excursións realizadas en microbuses especiais, que saen dos apeadoiros do tren. Na ruta disponse dun guía especializado durante todo o percorrido.
As saídas desta ruta están previstas para os días 22, 23 de xuño; 6,7,20 e 21 de xullo; 3,4, 17, 18 e 31 de agosto; e mais 1, 14 e 15 de setembro. Os prezos para adultos da ruta longa son de 40 euros; e da ruta curta son 35 euros. Os nenos aboarán 10 euros en ambas as dúas rutas. Os billetes para percorrer a Ruta dos Faros de Galicia poden adquirirse na páxina web de Renfe.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



