Foz, 29 de xullo de 2013. O San Fermín gastronómico volta a Foz. Preto de vinte bares, mesóns e restaurantes nos trasladarán a esta tradicional cita durante os días 5 e 6 de xullo, grazas á Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
En Foz poderán degustarse tapas elaboradas con pementos de piquillo, espárragos, chistorra, chourizo, alcachofas, queixos, tenreira… Será en: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, bar Oíche, cafetería Dallas, cafetería pastelería Anduriña, cafetería Xoyma, Fraggle Rock, hotel restaurante Leyton, pizzería A Soalta, pizzería Xoiña, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy, restaurante O Lar e restaurante Porto Chico.
Párate en Foz
E esta fin de semana remata a campaña Párate en Foz, que se veu desenvolvendo en varios locais comerciais ao longo de todo o mes de xuño. O vindeiro luns, 1 de xullo, terá lugar en Radio Foz o sorteo dos agasallos que se puxeron en xogo: unha cea para dúas persoas e un depósito de gasolina gratis. Os establecementos organizadores e ACIA Foz agradecen a acollida que tivo a iniciativa e deséxanlles sorte a todos os que entrarán no sorteo do luns.
Feira multisectorial
Tamén segue a bo ritmo a inscrición dos expositores que participarán na Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil que se terá lugar do 22 ao 25 de agosto na explanada portuaria. No evento haberá tamén unha zona outlet con primeiras marcas e descontos que irán do 70 ao 90%. Non faltarán a música, a gastronomía e unha zona infantil de ocio. Ademais todos os que acudan a esta cita entrarán no sorteo de 1.000 euros.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



