Esta semana Regal Cerámica volcouse cos máis pequenos. Así, o mércores desenvolveuse no “II Día de Arte Galego na Escola” no CEIP de Covas no que participou Otero Regal e se organizou a proxección do documental “Terra, Auga e Lume”, da productora madrileña Napama. A continuación tivo lugar un coloquio no que participaron 160 alumnos do centro en torno ó mundo da cerámica en xeral e sobre á traxectoria e da obra de Otero Regal en particular. Finalmente, Otero Regal fixo unha invitación para que os 22 alumnos do último curso participaran nunha visita guiada ó Complexo Regalxunqueira. E o xoves, o colexio Lagostelle de Guitiriz, con 45 alumnos da ESO, participaron na programación do Complexo cultural, aproveitando unha visita a Viveiro. En Regalxunqueira realizaron 3 pezas cada un deles, que unha vez cocidas, se lles entregan. Igualmente, visitaron o museo do coiro e os obradoiros de Regal Cerámicas.
