Dezasete foron os slogans enviados ó perfil de facebook de ACISA Ribadeo para participar no concurso para elixir o lema da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo mes de xullo. Os premios que se poñen en xogo son 200 e 100 euros respectivamente para consumir nos establecementos asociados. Desde esta tarde os slogans están colgados en facebook en Ribadeo móvese para que os internautas poidan voitalos e elixir a mensaxe que consideren mellor, máis directo e máis representativo da campaña en cuestión. As votacións poderán efectuarse ata o próximo luns, 10 de xuño, ás 12 da mañá. ACISA concederá dous premios. O primeiro premio que decidirá o xurado, está dotado con 200 euros en vales de compra e o segundo, que será aquel que teña máis “Me gusta” en facebook, levarase 100 para gastar nos establecementos asociados.






















Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



