A iniciativa será obxecto de debate e, no seu caso aprobación, mañá na sesión prevista da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego
Santiago, 3 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Vidal Martínez-Sierra defenderá mañá martes unha iniciativa parlamentaria na que se pide á Xunta que nas distintas bases de datos oficiais, plataformas tecnolóxicas ou sistemas de identificación xeográfica –tales como o coñecido SIXPAC- se identifique a situación dos bens de interese cultural de Galicia tales como castros, mámoas, petrogliflos ou calquera outro elemento de interese cultural ou patrimonial.
Deste xeito, os propietarios dos terreos que consulten estas bases de datos oficiais poderán coñecer anticipadamente onde se sitúa e a canto espazo se estende a afección destes bens de interese cultural radicados nas súas propiedades e actuar en consecuencia: Poderán solicitar os permisos oportunos a Patrimonio cando se trate de realizar algún tipo de actividade que poida afectalos, evitarase danos involuntarios nos mesmos por descoñecer que están alí situados e facilitarase tamén o seguimento por parte da administración dos traballos que nesa zona concreta poidan executarse.
DANOS EN CASTROS DA MARIÑA
Segundo explicou Vidal Martínez-Sierra a iniciativa xurde logo de ter detectados varios casos na Mariña lucense, denunciados por colectivos de defensa do patrimonio cultural, nos que con ocasión de tarefas de corta forestal producíronse danos en castros que xa estaban inventariados. Esta circunstancia deu lugar a expedientes administrativos que puideran rematar en sancións iso a pesar de que moitas veces estes danos foron involuntarios, motivados polo descoñecemento na situación concreta do castro afectado.
Só na Mariña lucense, e máis en concreto no distrito forestal VI, que abarca esta comarca, tramítanse ao ano unha media de máis de 5000 solicitudes de autorizacións e comunicacións de tala, que representan máis de un millón de toneladas de madeira (eucalipto fundamentalmente). Ditas solicitudes precisan dunha tramitación por parte do propietario, así como dun seguimento por parte da administración competente. Isto non sempre é doado, tanto polo descoñecemento que existe por parte dos propietarios das limitacións que recaen sobre as súas parcelas, como pola dificultade para determinar que zonas de protección afectan ás mesmas por parte dos axentes forestais.
Se ben isto é certo para as múltiples afeccións posibles: Camiño de Santiago, Rede Natura, servidumes de dominio público, etc., é especialmente difícil para o caso de restos arqueolóxicos, xa que para os primeiros existe cartografía abundante, inventarios minuciosos e ademais aparecen reflectidos nas bases de datos oficiais ou sistemas de identificación xeográfica (moi importante para facilitar o labor dos propietarios), non sendo así no referente a isto último.
Esta problemática, que aquí fai referencia á comarca da Mariña lucense, é extensiva ao resto do territorio da Comunidade Autónoma polo que falamos dunha medida de gran utilidade que suporá na práctica que as distintas bases de datos oficiais incluirán unha capa específica de patrimonio cultural que permita coñecer a situación dos bens que o integran e poñer en relación a situación dos mesmos coa información derivada da paisaxe, dos usos e cualificación urbanística do solo, e outros ámbitos territoriais protexidos, como os derivados da protección da Natureza, a costa ou o medio ambiente.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



