Lugo, 3 de xuño de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado da Área de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, recibiron, esta mañá no despacho de Vicepresidencia, ao presidente do Club de Bolos O Cadaval de Pacios (Castro de Rei), Mario Saavedra, para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o club, mediante o que a Área de Deporte da Deputación aportará 5.000 euros para contribuír cos gastos xerados pola Liga de Bolos Provincial, que cada tempada move preto de 300 deportistas lucenses.
“O Cadaval” de Pacios leva desde a década pasada promovendo actividades de recuperación dos xogos populares e deportes tradicionais, desprazándose por toda Galiza tamén con actividades de divulgación de xeito constante deste o ano 2000 aproximadamente. Este club acumula unha ampla traxectoria, e erixiuse como un referente na comarca da Terra Chá e en Lugo no plano da recuperación e divulgación dos xogos populares, motivo polo que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co colectivo no desenvolvemento das súas actividades.
Neste senso, Antonio Veiga afirmou que “desde a área de Deporte da Deputación compartimos plenamente co Club de Bolos O Cadaval os obxectivos que se plantexan no seu proxecto deportivo, xa que aposta por deportistas lucenses, polo deporte feminino, pois conta con equipo feminino, así como pola recuperación de deportes tradicionais”.
Pola súa banda, Mario Outeiro insistiu na “importancia que ten promoción e recuperación dos nosos xogos tradicionais porque forman parte do noso patrimonio cultural, material e inmaterial, e tamén porque potenciando este tipo de xogos estamos poñendo de relevo características propias do noso país”.
Ademais de coordinar a liga provincial de Bolos Celtas, O Cadaval desenvolve unha continua actividade pondo en valor este deporte tradicional coa participación en actividades como a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU, que vén de celebrar a súa quinta edición.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.