A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza unha nova edición da festa dedicada á sardiña esta fin de semana, dende mañá, venres, ata o domingo.
Este festexo gastronómico, dedicado a un produto que se consume tradicionalmente nesta época do ano, vaise desenvolver en 23 establecementos hostaleiros focenses, que son: A Bolera, A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, Bar Oíche, Cafetería Dallas, Cafetería May-Ross, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetetería Pastelería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Carro, Restaurante O Lar, Restaurante O Tangarte Mariñeiro e Restaurante Portochico.
As sardiñas venderanse a 1,20 euros a unidade en todos os establecementos participantes.
Párate en Foz
Por outra banda, ata finais de mes segue a campaña Párate en Foz, organizada para potenciar las compras en el comercio tradicional de la localidade.
Segundo explican os promotores da iniciativa en colaboración coa ACIA “aquelas persoas que realicen as súas compras durante este mes en Foz en algún dos establecementos que participan nesta campaña serán obsequiadas cun café, grazas ao que poderán conseguir vales de desconto por importe de 10 euros”. Desde a organización subliñan que “os que selen polo menos 8 veces a tarxeta que lles será entregada, conforme se tomaron 8 consumicións, poderán cambiala por un vale de desconto de 10 euros para consumir nos comercios que se dan cita nesta campaña. Ademais todos aqueles que consigan ditos vales entrarán no sorteo final de dous premios: un depósito de gasolina gratis e unha cea para dúas persoas”.
Os locais que participan na campaña Párate en Foz son: Kaos, Chinela, P.I.R, Ginzo, Arrullos, Belianorte, Pura, Anduriña, Xoyma y MayRos.
Párate en Foz prolongarase ata o 30 de xuño. o día 1 de xullo, a través de Radio Foz, farase o sorteo dos agasallos.