O Grupo de Teatro de Ribadeo iniciou no pasado mes de xuño os ensaios da nova montaxe Os putativos, do autor arxentino Hugo Daniel Marcos. O elenco é practicamente o mesmo, agás a actriz de Luarca Carmen Luísa López , que foi substituída polo ribadense Manel Yáñez, que vén paliar o déficit de actores masculinos no grupo. Logo dun ano representando Lisístrata, o clásico de Aristófanes, o director Toni Deaño elixiu desta vez unha obra moi distinta. Os putativos é unha comedia de enredo que se desenvolve nun hotel, con ritmos frenéticos de entradas e saídas ao escenario e onde se xoga continuamente cos equívocos. O Grupo de Teatro de Ribadeo ten xa dúas actuacións previstas para o outono, unha en Barreiros e outra en Sarria.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



