O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, celebrará o venres 5 e sábado 6 de xullo o seu quinto aniversario cunha festa infantil e unha cea maridaxe. O acto contará coa presenza do prestixioso maitre e sumiller Nacho Costoya, subcampeón galego de sumillers 2012 e mellor maitre a nivel nacional no ano pasado, o que lle valeu representar a España no campionato do mundo celebrado en Xapón. A cena maridaxe terá lugar o sábado ás 21.30 horas e o menú estará composto por ‘trompetas do Val’, freixós recheos de marisco, carrilleira de tenreira e queixo con membrillo. Inclúe tamén viños da bodega Regina Viarum. O precio é de 30 euros por persoa e as reservas poden facerse no propio hotel Vila do Val ou no teléfono 982 571 653.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



