Lugo, 22 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo desprazouse este luns até Compostela para presentar, no CGAC, a 31ª edición do Outono Fotográfico, que este ano como novidade incluirá o 1º Premio Galicia de Fotografía Contemporánea grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Xunta de Galiza. Na rolda de prensa tamén participaron o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lourenzo, e Xosé Lois Vázquez, coordinador do premio.
Mario Outeiro destacou a “itinerancia do proxecto fotográfico máis recoñecido do noso país, grazas á cal tamén os e as lucenses poderán contemplar as instantáneas desta edición do certame. Desde a Área de Cultura da Deputación puxemos o noso grado de area para poder colaborar no proxecto poñendo na base o noso concepto do que deben ser as institucións e a súa orientación: unhas ferramentas ao servizo da cidadanía, totalmente abertas para todas as persoas, polo que debe partir das persoas que xestionan estas institucións, como neste caso, un espírito de colaboración que xere unhas sinerxias das que se aproveite”.
Grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, ponse en marcha o 1º Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que pretende promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que plántella, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e imposición de limites ao pensamento. A finalidade é a creación dun espazo fotográfico en Galiza que complemente o creado durante máis de 3 décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas por parte de autores e autoras tanto nacionais coma estranxeiros. Este premio conta cun orzamento de 16.000 euros.
Nel establécese un único premio consistente na produción dunha exposición temporal que se inaugurará entre os meses de novembro e decembro de 2013. As características técnicas serán fixadas polo autor e contarán co asesoramento do curador nomeado ao efecto polo Outono Fotográfico. A exposición contará cunha intinerancia, inaugurarase en Lugo e moverase durante 5 anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico e tamén da programación que elabore a tal efecto tanto a Área de Cultura da Deputación como a Xunta de Galiza.
Tamén se publicará un libro que configure a colección “Premio Galicia de Fotografía Contemporánea” e que se distribuirá nas librarías. Ademais unha selección de fotografías, que o curador nomeado polo FOF decida, formará parte do libro do FOF do ano corrente.
Outono Fotográfico
O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía, o decano da península ibérica, que chega neste 2013 á súa 31ª edición.
O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, etc. A ampliación da súa implantación territorial é un dos obxectivos. Actualmente programanse mostras en toda Galiza, Catalunya, Portugal e Brasil.
Componse de tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galiza xa falecidos.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



