Burela, 13 de xullo de 2013. A brigada de extinción de incendios do Concello comezará a súa actividade en breve, segundo informa o equipo de goberno.
Está formada por cinco persoas que “se encargarán nun primeiro momento de limpar e preparar a área recreativa do Monte Castelo, de cara a romaría que alí se vai celebrar proximamente”.
Desde o equipo de goberno explican que “contamos con esta brigada grazas a un convenio coa Xunta de Galicia. Os contratos terán unha duración de tres meses e este grupo estará coordinado polo servizo de incendios comarcal da administración autonómica”.