Lugo, 11 de xullo de 2013. A praza de San Marcos acolleu, na mañá deste xoves a presentación das finais do II Volante Deputación de Lugo, que se disputarán o vindeiro 14 de xullo, no circuíto da Pastoriza. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, participou na presentación desta competición xunto á tenente de alcalde nacionalista da Pastoriza, Elva Carreira; o representante de PTC, Antonio Solórzano; o gañador do 1º Volante Deputación, Carlos López; e os irmáns Vallejo, da escudaría Vallejo Racing.
O Volante Deputación de Lugo é un programa de selección e formación para novos pilotos que pretende achegar ao mundo da competición automobilística a calquera persoa sen experiencia, vivíndoo dende dentro dun rally como é o San Froilán e combinando deporte e formación. O piloto gañador poderá competir no Rally San Froilán con todo o necesario para facelo ao amparo dun equipo ao completo: vehículo de competición, copiloto experimentado, servizo de asistencia no rally, pneumáticos, equipo técnico e mecánico e inscrición no rally.
Na súa intervención, Antonio Veiga destacou “a importancia desta proba deportiva en canto supón un impulso para o deporte do automobilismo na provincia e facilita a participación de afeccionados do mundo do motor no Rally San Froilán, unha competición que este ano acada a súa XXXV edición e que se ten convertido en toda unha referencia tanto a nivel nacional como estatal”.
Tras un período de formación e as probas de selección, que se realizaron no Circuíto da Pastoriza os días 21, 22, 23 de xuño, nas que participaron un total de 328 condutores e que estiveron supervisadas por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC e colaboradores deste proxecto, clasificáronse 39 finalistas. O 14 de xullo, pola mañá, disputarase unha primeira proba da que sairán 6 seleccionados que competirán, pola tarde, na final, na que se establecerán o gañador e o segundo e terceiro finalista.
O gañador absoluto será seleccionado como piloto e participará no Rally San Froilán 2013 dentro da estrutura do equipo de competición Vallejo Racing-PTC de forma totalmente gratuíta, compartindo experiencia co gañador do ano pasado, que volverá a participar este ano. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
