A praza de abastos ribadense abre os venres pola tarde, de seis a nove e media. Ademais seguirá co seu horario habitual matutino de luns a sábado de 8 a 15 horas. Por iniciativa da Asociación Profesional de Vendedores da Praza de Abastos de Ribadeo a apertura os venres pola tarde efectúase durante este mes de xullo e tamén en agosto. Os clientes da praza ribadense poden encontrar nas súas instalacións os mellores produtos da zona, de primeira calidade e a prezos asequibles: froitas, verduras, hortalizas, peixes, mariscos, carnes e embutidos, entre outros. Ademais duns productos frescos de temporada, os que se achegan ata o tradicional centro de Ribadeo reciben un trato cercano e personalizado por parte dos comerciantes.
A praza de abastos de Ribadeo abre os venres de verán pola tarde
A praza de abastos de Ribadeo abre os venres de verán pola tarde
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón