Ribadeo, 2 de julio de 2013. A primeira liga ranking do Pádel Club Ribadeo concluiu con gran éxito de participación, segundo destacaron os organizadores do campionato, que foi clausurado cunha cea gala fin de tempada celebrada no restaurante ribadense A Dorada do Cantábrico.
Na liga houbo competición en 13 divisións e a clasificación da primeira quedo así: os gañadores foron Venancio e Diego Rei; o segundo posto conseguírono Gonzalo e Amador; a parella clasificada en terceiro lugar foi a formada por Lito e Xoel; e o cuarto lugar correspondeu a Santi e Víctor.
A liga ranking do Pádel Club Ribadeo terá unha nova edición que comezará en outubro.
Ademais, o Pádel Club Ribadeo celebrou a súa primeira comida de confraternidade o pasado 24 de xuño, día de San Xoán, nas propias instalacións do club. Tamén haberá diversas actividades durante este verán, como un curso de pádel para nenos, que se desenvolver neste mes de xullo e en agosto.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
