Lourenzá, 2 de xullo de 2013. Dúas representantes da asociación Hijos de Lorenzana en La Habana, a irmás Julia e María del Carmen Baamonde Lombardero, e o empresario Ángel Hermida foron os principais protagonistas do acto celebrado este martes 2 de xullo na Casa do Concello de Lourenzá, en cuxo salón de sesións foron colgados os cadros dedicados a estes dous fillos predilectos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, empezou a súa intervención comentando o seguinte: “van a permitirme que con carácter excepcional en el día de hoy me exprese en la lengua de Cervantes, algo inusual en mi persona pero que hoy es obligado por deferencia a las personas que nos acompañan”.
A rexedora municipal explicou que “el motivo de esta recepción no va más allá de seguir manteniendo el puente que entre Lourenzá y Cuba tendieron en 1911 aquellos vecinos nuestros que a finales del siglo XIX y principios del XX emigraron a Cuba, dejando atrás a sus familiares con la esperanza de lograr mejores condiciones de vida y con la mirada puesta en el futuro”.
A alcaldesa lembrou que “esta gente tenía por costumbre reunirse en una casa de la Habana situada en la calle Aguiar 229 a fin de compartir planes e ilusiones; y entre esos planes compartidos surgió la idea de fundar una sociedad para ayudar a la tierra y a las familias que dejaron atrás. Así nace el 24 de abril de 1911 la sociedad benéfica social Hijos de Lorenzana. Fueron dos sus principales objetivos: por un lado, fomentar la unión entre todos los hijos de nuestro ayuntamiento en Cuba; y por otro, algo por lo que aún estamos en deuda con ellos, que fue mejorar y difundir la enseñanza entre las niñas y niños laurentinos por medio de la creación de escuelas de estudios elementales en las cuatro parroquias (Santa María de Valdeflores, San Xurxo, Santo Tomé y San Adriano) y así contribuir a que todos, indistintamente de la clase social, lograran aprender a leer y a escribir. Desafortunadamente solo dos de estas escuelas aún hoy se conservan: la de O Castro, en San Adriano, restaurada hace poco más de una década; y la de Alaxe, en San Xurxo, en estos momentos bastante deteriorada y en la cual, sea dicho de paso, mi abuela aprendió a leer y a escribir”.
Emma Álvarez tamén comentou que Hijos de Lorenzana en La Habana “desde su fundación hasta el día de hoy, y ya van 102 años, mantuvo vivo el compromiso de continuar trabajando por la unión de los antepasados y descendientes de los mismos que residen en Cuba. En este momento cuentan con 298 asociados y entre las actividades que realizan destacan: por un lado, el mantenimiento del panteón de los Hijos de Lorenzana en el cementerio de Colón, en la Habana, donde reciben sepultura los pertenecientes a la misma manteniéndose en un osario común todos los ancestros y todos los años realizan ofrendas florales por el Día de la Madre, el Día del Padre y el Día de Difuntos; por otro lado, mantener la memoria histórica que los une a sus orígenes, celebrando distintos actos en el Centro Gallego, entre los que destacan la celebración del Día de las Letras Gallegas el 17 de mayo, el 18 de diciembre el Día del Emigrante y el Conde Santo el último domingo de agosto, esta última celebrada antaño en los jardines La Tropical, anexo a la antigua fábrica de cervezas La Tropical”.
A rexedora local destacou ademáis que dende o Concello de Lourenzá “dentro de sus posibilidades se viene ayudando económicamente a la Sociedad con sus gastos de funcionamiento, mantenimiento del Panteón Social así como la memoria histórica que nos une, motivo por el cual, este año, aunque en menor cuantía por motivo de la coyuntura económica que estamos viviendo, también aportaremos 200 euros a la misma, en gratitud por lo que antaño ellos hicieron por nuestro pueblo. Gratitud que se suma al reconocimiento por el cual, en sesión plenaria del 16 de noviembre del 1912, decidieron declarar como hijo predilecto de este ayuntamiento a los pertenecientes a la Asociación Hijos de Lorenzana”.
Despois do discurso da alcaldesa as representantes da asociación Hijos de Lorenzana en La Habana colocaron o cadro coa copia da acta do acordo plenario da corporación municipal de 1912 polo que ese colectivo foi nomeado fillo predilecto de Lourenzá xunto cunha foto do panteón que esa sociedade ten no cementerio de Colón, en La Habana. A continuación recibiron un agasallo, que lles foi entregado pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez.
E o encargado de rematar o acto foi o empresario laurentino Ángel Hermida, quen tamén colocou no salón de sesións do Concello o cadro no que se recolle a súa proclamación como fillo predilecto de Lourenzá. No mesmo lugar está ademáis o dedicado a Francisco Fernández del Riego polo mesmo motivo.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



