A delegación de Seguridade Cidadá do Concello de Cervo, que dirixe José Ramón Soto, informa dun corte de circulación que afecta á rúa do Torno, en San Cibrao, e que se prolongará ata o martes que vén, de forma que o tráfico quedará restablecido con normalidade o próximo mércores día 17. Esta restrición temporal afectará á circulación e ao estacionamento, e a todos os vehículos, agás os de carga e descarga, os de emerxencias e os dos residentes. A Concellería tiña previsto realizar un corte motivado polos actos centrais das Festas da Virxe do Carme o luns e o martes, pero unha avaría na rede de abastecemento de auga nesa zona obrigou a efectuar o peche da rúa dende onte co obxectivo de reparar os danos. O edil quere aproveitar para “pedir desculpas á cidadanía polas posibles molestias que poidan ocasionarse con este corte de tráfico” e engadiu que “era imprescindible para arranxar a fuga de auga, e tamén para garantir a seguridade de veciños e visitantes nunha zona na que se concentran boa parte dos actos festivos do Carme”.
A rúa do Torno de San Cibrao, cortada ata o martes
A rúa do Torno de San Cibrao, cortada ata o martes
Relacionado
-
Cariño acollerá este sábado, 14 de xuño, un festival que combinará zumba e patinaxe artística nunha xornada lúdica e deportiva especialmente pensada para as familias e os máis pequenos da casa
-
Falece Jorge Val, ex alcalde socialista de Alfoz
-
Proxección do documental de Pedro Lechuga “Xove, democracia nuclear”