Burela, 11 de xullo de 2013. Este mediodía foron izadas as bandeiras azuis nas praias de A Marosa e O Portelo. Nos actos participou o vicepresidente de ADEAC-España, José Palacios. O alcalde, José Mª González Barcia, lembrou que A Marosa conta con este galardón desde hai 25 anos e O Portelo desde o 2001. González Barcia agracede aos veciños e ás veciñas de Burela o seu compromiso co medio ambiente e co entorno natural, porque sen eles non sería posible conseguir estes recoñecementos.
O rexedor dixo que “a mediodía de hoxe izamos as bandeiras azuis tanto na praia de Portelo como da Marosa acompañados do vicepresidente de Adeac España, José Palacios Aguilar. Para nosoutros son actos significativos”.
González Barcia subliñou que “a praia da Marosa cumpre 25 anos de bandeira azul, que obtivo por primeira vez no 1988. Son 25 anos nos que, de forma ininterrompida, esta praia conta con bandeira azul e, ano tras ano, mellorando a súa dotación e os seus servizos. E a praia de Portelo conseguiu por primeira vez este galardón no ano 2001 e no 2003 perdeuna, pero recuperouna no 2004 e xa a partires de aí de forma ininterrompida conta con esta distinción”.
O alcalde indicou que “agora mesmo as praias de Burela contan xa con socorristas, está practicamente rematada a dotación de infraestruturas e soamente nos queda agradecerlle á cidadanía en xeral a súa colaboración para que as dúas praias conten con bandeira azul. Por moito que o Concello faga e se esforce se non hai a colaboración cidadá para manter as praias en perfectas condicións de limpeza, de respecto ao medio ambiente, etcétera, evidentemente nosoutros pouco ou nada poderíamos facer”.
José Mª González Barcia tamén se quixo referir aos comentarios que se están a producir sobre a vexetación que hai nas praias: “quero aclarar que non se pode retirar. A herba que pode aparecer na area, nas zonas de dunas, etcétera, non se pode sacar, porque está terminantemente prohibido pola Lei de Costas. Exactamente igual que, salvo en casos extremos, tampouco se poden retirar as algas que aparecen nas praias, excepto que provoquen malos olores ou a aparición de insectos. Son cousas que a moitas persoas lles poden sorprender, pero a lei é como é e polo tanto todos temos a obriga de respectala”.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



