Este sábado 6 de xullo o campo de fútbol de Alfoz acolle o V Trofeo Castelarco 2013 ó aire libre nas modalidades de recurvo e composto a partir das catro da tarde.
Antes, ás tres arrincarán as actividades coa recepción dos arqueiros coa entrega de dorsais e os seus adestramentos. O tipo de competición será de 2 x 70 e realizaranse 2 entradas de 36 frechas cada unha. Así, a primeira serie está previsto que remate ás cinco e media. Tras un tentempé, ás seis da tarde retomarase a competición ata as sete e media. A entrega de trofeos realizarase ás oito do serán.
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría no caso de que se reunan máis de 4 participantes por categoría, senón entregarase premio unicamente ó gañador ou gañadora. Así, as categorías ardilla e benxamín competirán por un único premio sen facer distinción entre masculino e feminino; en alevín tampouco se dividirán os participantes entre categoría masculina ou feminina; mentres que en infantil, cadete, junior-sénior e veteranos si que dividirán as categorías.