A Mariña, 3 de xullo de 2013. Ana Ermida, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), volve a urxir ao Goberno galego a que dea explicacións, de xeito inminente, sobre as presuntas irregularidades denunciadas no marco da Operación Bebé, as cales, segundo un auto do xulgado número de 3 de Lugo, poderían ser consideradas delitos de falsedade documental, desobediencia grave e prevaricación por parte de funcionarios do servizo de Menores lucense.
Para Ermida “é canto menos intolerábel que este tipo de casos se produzan en pleno século XXI, xa que a maioría dos casos denunciados datan de 2010 e 2011, e que o Goberno galego permaneza en silencio mentres crece a alarma social, especialmente na comarca da Mariña, onde no Hospital da Costa podería haber ocurrido unha das presuntas adopcións irregulares en febreiro de 2011.”
“Se ben é primordial que avance a investigación xudicial a cargo do xulgado número 2 de Lugo -continuou a responsábel nacionalista- non é menos importante que a Xunta de Galiza se pronuncie ao respecto, sobre todo a conselleira Beatriz Mato, implicada no caso na medida en que o servizo de Menores de Lugo pertence ao departamento que dirixe.”
Desde o Bloque insisten en que tamén debe dar explicacións a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, porque os suspostos feitos producíronse en hospitais do Servicio Galego de Saúde e porque existen testimonios de traballadores do Hospital Xeral Calde de Lugo que aseguran que se drogaba as nais para que asinaran a renuncia aos seus fillos e que se ameazaba ao persoal coa finalización de contratos para que estiveran calados.”
Ana Ermida asegura que a investigación xudicial non debe ser tomada como escusa por parte do Goberno galego para permanecer en silencio; “un silencio que só contribúe a incrementar a alarma social. Á marxe das pesquisas xudiciais, a Xunta debe abrir unha investigación interna para aclarar o sucedido e depurar responsabilidades, porque este tipo de sospeitas non poden seguir recaendo sobre unha administración cuxo principal obxectivo é a protección das familias e dos menores.”
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



