Ribadeo, 8 de xullo de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado por Mari Luz Álvarez, concelleira de Cultura de Ribadeo, presentou, esta tarde, no Cine-Teatro de Ribadeo, o conxunto de actividades formativas en materia de teatro que se desenvolven no marco do proxecto Buxiganga por cuarto ano consecutivo. Trátase dun conxunto de cursos dirixidos a actores e actrices sobre diversos aspectos específicos do teatro que se desenvolverán entre os meses de agosto e febreiro. A presentación contou coa presenza de membros do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte, que representaron un fragmento dunha obra teatral.
Tal e como sinalou Veiga, “Buxiganga é un proxecto teatral global, que conta con varias ramas entre as que se atopa este programa formativo para actores e actrices. Un dos grandes éxitos deste programa impulsado área de Cultura da Deputación de Lugo é a creación de novos grupos, pasando a integrar o circuíto Buxiganga 30 grupos, onde había 12 cando empezou”.
Grazas ao proxecto teatral Buxiganga, vanse impartir un total de 9 cursos de interpretación dirixidos a actrices e actores afeccionados na provincia, tres deles na comarca da Mariña.
Neste sentido, o Centro Sociocultural de Riotorto acollerá o curso Ponte en Escena, impartido por Rosalía Quelle Castro, os sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas; o Cine Teatro de Ribadeo acollerá un curso de Clown, impartido por Marián Bañobre, do 16 ao 21 de setembro, de 20:30 a 23:30 horas, agás o sábado 21, que se desenvolverá en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas; e a Casa da Xuventude de Mondoñedo acollerá as Prácticas de cine, da man de Óliver Laxe, os días 8 e 9 de novembro, de 17.00 a 22.00 horas, e o 10 de novembro durante todo o día. Cada curso ten unha duración de 20 horas, cun custe de 10 euros para os actores participantes dos circuítos Buxiganga e de 20 euros para o resto dos actores.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



