A Mariña, 25 de xullo de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou que a nova unidade de hospitalización domiciliaria que o Sergas ten previsto poñer en funcionamento -segundo o anuncio efectuado no día de onte- vén a reforzar a carteira de servizos públicos prestados no Hospital da Costa e a configurar un centro sanitario máis moderno e con máis capacidade de asistencia aos veciños da Mariña. A unidade inicíase como experiencia piloto, pero o deputado espera que demostrado o éxito da súa implantación e funcionamento, poida xeneralizarse e trasladarse ao conxunto da comarca.
O parlamentario dixo que o compromiso do Goberno galego co centro hospitalario da nosa comarca fai que gañe novos servizos e, através dos feitos, desminte a todos aqueles que pregoaban e seguen pregoando un falso peche do Hospital. De feito, lembra que, como calquera pode comprobar, a carteira de servizos deste centro lonxe de reducirse nos últimos anos conta con novas unidades, entre as que citou a de prevención precoz do cancro de mama (antes era itinerante) ou este novo servizo de hospitalización a domicilio.
O deputado dixo que todos estes reforzos –e outros moitos que están previsto acometer no futuro: como a apertura de novas vías rápidas na detección de varios tipos de cancro ou a renovación de moitos equipos técnicos– están configurando un Hospital que sexa capaz de resolver e atender ás necesidades dos doentes con maior eficacia e, incluso, sen necesidade des desprazamentos.
Balseiro dixo tamén que o SERGAS perfila moitos dos servizos que debe ter un hospital moderno, o Hospital da Costa do século XXI, coa meta posta no proceso máis ambicioso de todos, a ampliación, cuxos trámites administrativos xa comezaron tras o impulso e compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a licitación do novo Plan director.
VANTAXES DA HOSPITALIZACIÓN DOMICILIARIA
Entre as vantaxes do novo servizo Balseiro salientou que é especialmente útil para as familias de doentes que se vén na necesidade de recibir coidados paliativos xa que é unha alternativa á hospitalización clásica, proporcionando ao enfermo no seu domicilio a asistencia médica precisa: pois son os profesionais da saúde, desde doutores, a enfermeiros e outro persoal sanitario o que se despraza.
Grazas á hospitalización a domicilio, os mariñáns poderán recibir na súa casa un conxunto de tratamentos e coidados sanitarios dunha complexidade, intensidade e duración comparables ás que terían como pacientes no hospital convencional.
Ademais das vantaxes para os pacientes e para os seus familiares, as Unidades de Hospitalización a Domicilio permiten ao centro sanitario evitar estadías, liberando camas que poden ser utilizadas por outros enfermos. Así mesmo, dada a posibilidade de ingreso directo nestas unidades, lógrase evitar traslados innecesarios ao hospital, proporcionando unha atención integral.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



