José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, reuniuse na tarde deste xoves 11 de xullo coa militancia da comarca de Lugo para presentar o seu proxecto de partido coas liñas de acción para Galicia, no que incluíu moitas das propostas realizadas nos grupos de traballo dos militantes da provincia, que xa finalizaron a entrega de todos os seus documentos finais a pasada semana, así como das aportacións dos compañeiros e compañeiras nos múltiples encontros que vén mantendo en toda Galicia. O socialista propuxo varias medidas orgánicas e de funcionamento para o PSdeG, entre elas a “urxente recuperación da importancia do programa electoral como un compromiso serio coa cidadanía”. Para iso, plantexa unha fórmula de programa electoral “vinculante e con prazos” como “eixo para ter a confianza da xente”.
Gómez Besteiro argumentou esta necesidade tras afirmar que “na actualidade, a perda de credibilidade dos partidos políticos empeza polo incumprimento dos seus propios programas, como está a suceder agora de xeito inaceptable por parte dos gobernos do PP”, e apostou por “devolverlle lexitimidade aos eixos programáticos” como “base para recuperar a credibilidade da xente”. O socialista incluíu esta proposta nun dos temas centrais do seu proxecto orgánico, que ten a rendición de contas e a transparencia como un dos principais obxectivos para “a necesaria rexeneración democrática” do partido.
Bases ideolóxicas firmes
O aspirante á secretaría xeral destacou que “hai liñas vermellas que o PSOE nunca pode traspasar nin permitir” por “respecto e compromiso coa súa militancia e cos seus votantes”, por iso reivindicou ante a militancia da comarca lucense un proxecto “sobre as bases ideolóxicas firmes que deben identificar sempre ao socialismo” e coa “coherencia” como valor fundamental. “Necesitamos un novo relato que mude a orfandade política actual por novas formas de facer política desde a esquerda como partido transformador que somos”, afirmou Gómez Besteiro, que quere un proxecto “claramente definido e baseado na igualdade, na xustiza social e na solidariedade, que reforce a consideración do público”.
Besteiro volveu realizar hoxe un acto coa militancia en Lugo, desta volta comarcal, sete meses despois do seu encontro provincial Partido Aberto, Goberno Aberto na facultade de veterinaria lucense, no que adiantou a súa intención de aspirar á secretaría xeral e no que impulsou os grupos de traballo dos militantes, cuxas conclusións e aportacións son xa unha realidade para o proxecto socialista.


















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



