A deputada autonómica do PSdeG por Lugo Concepción Burgo advírtelle á popular Raquel Arias de que “é moi perigoso o seu triunfalismo co turismo en Lugo sen datos reais que avalen a xestión da Xunta, senón que a retratan”, despois de que Arias dese unha rolda de prensa esta semana para alabar a xestión do goberno autonómico neste sector na provincia. “Os datos reais están no INE ao alcance de calquera, e din que a xestión en turismo do PP é nefasta para Lugo”, afirma a socialista. Así, a deputada resalta cifras como que desde 2010 a 2012 o número de pernoctación na provincia descendeu en 168.710, unha caída do 17,7%, e o número de viaxeiros reduciuse en 92.401 persoas, un 15% menos en dous anos.
“Curiosamente, este descenso do turismo na provincia de Lugo entre 2010 e 2012, que tamén se produce ao mesmo tempo en Galicia, contrasta co forte aumento deste sector en España no seu conxunto e nas comunidades do norte en particular, polo que isto resalta aínda máis a pésima xestión da Xunta”, lamenta Burgo, que apunta que “pequenos incrementos en marzo e maio deste ano son anecdóticos e non compensan nin por asomo a sangría no número de viaxeiros e pernoctacións perdidos desde 2010”.
“Estes son os datos reais que Raquel Arias oculta, e que reflicten o que toda a hostelería galega e luguesa observa día a día e que reflicten a nefasta política turística do goberno de Feijóo, coa que mentres España crece, Galicia retrocede”, afirma Burgo, “pero o PP xa nos ten acostumados a estar moi lonxe da realidade”. A socialista apunta que “estes resultados non son de extrañar debido ao “descenso orzamentario e as extrañas campañas que fan só para o turismo galego”, unha “extraña política” coa que, por exemplo, “destinan máis cartos ao turismo ornitolóxico que ao turismo dos Patrimonios da Humanidade”, exemplifica.
Nin unha inversión directa ou indirecta na cidade de Lugo
“Para Lugo é inexplicable que o PP e a señora Arias intenten presumir de algo cando non teñen feito unha soa inversión en turismo da cidade, nin directa nin indirectamente”, afirma Burgo, que explica que “a cidade non se promociona en mercados externos, nin sequera nacionais, o patrimonio da cidade, como a Muralla, está desasistido pola Xunta, non colaboran co Concello en ningunha das acción de turismo que desenrolan nin na actividade cultural”.
A socialista destaca que “se a cidade de Lugo segue a manter un ritmo de visitantes adecuado é debido ao traballo do Concello, da Deputación e dos hosteleiros, pero en ningún caso do gobernó de Feijóo, que saca peito”.
Descenso da ocupación hoteleira
“Desgraciadamente”, apunta a socialista, “os restantes datos das estatísticas do INE son tamén claramente negativos”. Burgo pon como exemplos o grado de ocupación hoteleira na provincia, que “non deixa de descender, pasando de 30,99 en 2011 a 28,88 en 2012, das cifras máis baixas de España”. A estancia media do turista, un elemento da máxima importancia, descende de 2,15 a 2,07 días de 2010 a 2012, e “os datos comparados dos meses de xaneiro a maio de 2012 e 2013 indican que segue descendiendo”, indica.
Caída do persoal de hostelería e turismo rural
A parlamentaria cualifica especialmente como “gravísima” a forte caída no persoal empregado na hostelería. En 2011, a media anual era de 7.407 personas, descendendo a 6.869 en 2012. “Comparando as cifras dos primeros cinco meses de 2012 e 2013 hai un descenso de 790 persoas como media empregadas, a 886 en 2013”. A isto hai que engadirlle que o prezo medio dos hoteis en Galicia tivo unha variación interanual en 2013 do -2,9%, e a taxa interanual de ocupación no turismo rural cae en 2013 “un escandaloso 4,71%”.
Vistas as cifras, a socialista lembra que “os cambios introducidos como a creación de xeodestinos amósanse absolutamente ineficaces, como xa dixo o PSdeG no seu momento no Parlamento”, e a Xunta, “non creou nin un só produto novo que beneficie a provincia de Lugo nin fixo unha política de desestacionalización nin de fidelización, nin de creación de novos mercados”.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



