Torre de Núñez está inmerso este verán nunha campaña autonómica de promoción dos seus produtos dirixida ás merendas e ceas. A TVG e radios nacionais foron os medios escollidos para realizar esta campaña estival coa que se intenta posicionar os embutidos Torre de Núñez como referente para as merendas e ceas do verán. Coma sempre, Torre de Núñez optou por un spot corto e directo, cómplice co consumidor, que é amante do embutido e que pode encontrar nos produtos Torre de Núñez unha solución idónea para estas comidas. Non é esta a primeira vez que Torre de Núñez lanza unha campaña publicitaria televisiva. O seu obxectivo foi sempre o achegamento ó consumidor, por iso os seus anuncios teñen sempre un guiño humorístico e cómplice.
Campaña de verán de Torre de Núñez para merendas e ceas
Campaña de verán de Torre de Núñez para merendas e ceas
Relacionado
-
RadioVoz emitirá este venres desde Foz un programa especial para toda a provincia
-
Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapacxs de entre 6 e 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo Concello de Xove
-
O Circuíto Galego de Teatro Amador chega a Foz