Rosa Mª Pérez Gradaílle.- O primeiro que quero recordar é que os concelleiros do Grupo Municipal Socialista estamos en política de xeito totalmente altruísta, non cobramos nada, non concorremos nunha lista ás eleccións municipais para conseguir un posto de traballo, pero temos unha vocación de servizo cara o noso pobo, e, por iso, a pesar de que esta polémica está sendo moi desagradable para nós, nos vemos na obriga explicarlles o que está sucedendo aos veciños e veciñas de Foz.
Partimos do feito de que o Goberno do Partido Popular está a ser nefasto para Foz, pero somos da opinión de que as alcaldías hai que gañalas limpamente nunhas eleccións, e non conseguilas a través de este tipo de artimañas políticas. Os concelleiros socialistas nos sentimos títeres, pois se está pasando de novo por riba de nós, sabendo que estamos totalmente en contra de promover e votar unha moción de censura nestas circunstancias, supoñemos que xa o terán todo amañado dende arriba e que somos un estorbo para eles.
Gustaríame recordar tamén que o Sr. Xaime Cancio é o único culpable de que a día de hoxe non exista un goberno de esquerdas en Foz, pois, ao contrario do que el afirma nos medios, sí se negociou no seu día un pacto de goberno entre as forzas políticas da oposición en Foz, pero claro, el non foi quen de ceder a alcaldía ao partido socialista como grupo maioritario da oposición. Nese momento, aludiu a un suposto compromiso que el tiña cos seus votantes consistente en que a alcaldía debía recaer sempre en UNIFOZ, e os concelleiros nos preguntamos cómo xustifica agora este cambio de postura. Pensamos que as súas ansias de poder estano levando á deriva, e que, non contento con montar un partido político e facer que o PSOE perdera as eleccións municipais, agora quere asaltar e manipular o noso partido.
En último termo, pedirlle ademais ao Sr. Xaime Cancio que non sexa tan cínico, pois non cremos que se enterara polo xornal do que pasou na Asamblea da Agrupación Socialista de Foz este sábado, pois alí estaba presente e votou todo o seu círculo máis próximo, os seus incondicionais, xente que non acudira a unha Asamblea nos últimos tres anos. En cambio, os afiliados do PSOE de toda a vida se quedaron na casa e se están dando de baixa por todo o que está pasando. Nos parece tamén moi triste que teñan que afiliar á xente de UNIFOZ para sacar adiante unha proposta na Asamblea.
Os concelleiros non podemos sentirnos orgullosos do que está pasando no noso partido, a xente pide renovación, e, sen embargo, están tratando de facer alcalde a unha persoa cun turbio pasado político, pois hai que recordar que este señor iniciouse na política formando parte de Coalición Galega; despois, como membro do PSOE ocupou todo tipo de cargos, dende Deputado Provincial a Delegado de Pesca, pero tivo que abandonar a Delegación de pesca pola porta de atrás por presunto tráfico de influencias; máis tarde, foi expulsado do anterior Goberno Socialista de Foz, e, non contento con todo iso, funda un Partido Independente para concorrer ás eleccións municipais; e, despois de perdelas, nos consta que quixo pactar co Partido Popular para formar goberno pero non o quixeron como Tenente de Alcalde; en cambio, ao PSOE non foi quen de cederlle a alcaldía. Polo tanto, pensamos que en Foz todos deberíamos coñecer sobradamente a esta persoa.
Xa para rematar, deixar constancia do moito que lamento esta situación, tanto polos veciños de Foz e os votantes do PSOE, pois penso que se merecen algo máis de respeto e consideración, como polos meus compañeiros, os concelleiros do Grupo Municipal Socialista, que, coma min, se senten fondamente decepcionados e están pasando uns momentos difíciles.
Rosa Mª Pérez Gradaílle
Voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



