Foz, 3 de xullo de 2013. O San Fermín gastronómico volta a Foz. Preto de vinte bares, mesóns e restaurantes trasladaranos a esta tradicional cita durante os días 5 e 6 de xullo (venres e sábado), grazas á Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. En Foz poderán degustarse tapas elaboradas con pementos de piquillo, espárragos, chistorra, chourizo, alcachofas, queixos, tenreira… Será en: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, bar Oíche, cafetería Dallas, cafetería pastelería Anduriña, cafetería Xoyma, Fraggle Rock, hotel restaurante Leyton, hostal Norte, pizzería A Soalta, pizzería Xoiña, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy, restaurante O Lar e restaurante Porto Chico. Desde a directiva de ACIA Foz animan “á xente a achegarse á nosa vila a desfrutar da gastronomía de Navarra e das tapas que ofrecerán os locais que participan nesta cita”.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



