O Burela FS Pescados Rubén FS continúa traballando para ter todo a punto no comezo de pretempada, que arrincará o vindeiro luns, 5 de agosto. Despois das renovacións dos capitáns, Juanma e Edu, tamén formalizou o seu compromiso laranxa para 2013-14 o viveirense Christian Chao, outro dos xogadores de longa traxectoria nas filas burelistas. “O Burela FS é a miña casa. En toda a súa historia leva demostrando que é un dos clubs máis serios de calquera categoría; por iso me sinto contento e agradecido de poder dispoñer desta oportunidade un ano máis”, admitía o mariñán, antes de iniciar a súa quinta tempada de laranxa.
Na compaña do presidente, Manuel Blanco, e o tesoureiro, Rubén Blanco, o ala da cidade do Landro amosouse moi motivado coa nova andadura na elite, reflexionando sobre o calendario ligueiro: “O obxectivo pode ser un pouco máis ambicioso. Despois da recta final de tempada e con algunhas chegadas, poderemos avanzar un pouco. Teremos un calendario máis equilibrado, sen a acumulación dos grandes rivais como nos aconteceu o ano pasado; non será excesivamente complicado nin ao principio nin ao final e poderemos gozar da visita de ElPozo, FC Barcelona e Inter arroupados pola nosa fiel afección na primeira volta”.
Na preparación dun proxecto burelista que afrontará 2013-14 coa bandeira do talento e a xuventude, o experimentado ala, de tan só 26 anos, valorou a determinación da entidade por impulsar a estrutura de base cara ao equipo sénior: “O Burela FS está optando por un camiño que dá resultado; darlle cabida á base é primordial e máis no caso deste club, que traballa cunha escola de moito potencial. Juanlu é un adestrador ao que lle gusta a canteira e ten moito para ensinar a xogadores novos e non tan novos”, opinaba o viveirense, que participou de forma moi activa no recente VII Campus Mixto Internacional do club mariñán.
“Agradezo tanto ao club coma ao adestrador a confianza depositada en min; espero compensalo con todo o meu traballo”, concluíu Christian.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
