Este pasado sábado día 27 de xullo celebrouse o Campionato Galego de Kaiak de Mar en augas da Ría de Muros e Noia, á vez que 7ª regata puntuable da XIV LIGA GALEGA DE KAIAK DE MAR; o habitualmente complicado percorrido de 10 km, co especialmente difícil tramo na ciaboga da Illa da Creba, nesta ocasión estivo determinado pola inclemencia meteorolóxica que, en combinación cun mar de fondo do oeste, levou literalmente a debacle a gran parte das equipas concorrentes nunha regata na que mesmo se sobrepasaron os mínimos razoábeis de seguridade.
Estaban convocados na saída do Peirao do Marqués 179 padexeiros, tomando a saída pouco máis da metade das embarcacións dadas as pésimas condicións do mar; por engadidura, unha inusual e elevada porcentaxe de participantes abandonaron ao longo do percorrido, mesmo buscando refuxio na outra banda da Ria, incapaces de retornar á saída.
O club ribadense desprazou unicamente á cita unha embarcación coa responsabilidade precisamente de defender o campionato galego en categoría veteranos de 2012, a k2 de Ricardo Otero e Raúl Cedrón. Nesta oportunidade houbo que cederlle o ouro a dous lucenses, Francisco Vázquez e Bernardo Sánchez, gañando os mariñáns unha moi merecida prata, a quinta desta tempada da parella de referencia do Altruán.
Dende os primeiros compases da regata, a k2 mariñán mantívose na ola dos lucenses, que non se distanciaron ata chegar á Illa da Creba. Naquel intre, a diferenza de prestacións entre ambas embarcacións evidenciouse ampliándose a distancia. Na volta, os do Altruán optaron por un rumbo directo detendo o crono en 1:12:52, mentres que os lucenses derivaron buscando abrigo por terra, elección conservadora que demostrou ser máis razoable dada a diferenza final de case 8 minutos en meta cos mariñáns. Proba das durísimas condicións da mar, aparte a nutrida nómina de anulacións e retiradas (houbo categorías onde este capítulo ascendeu ao 85% dos inscritos), foi o feito de que o bronce a gañara a k2 cambadesa de J.L.Rey/Juventino Pérez, entrando a 1:19:18 en tempo de fora de control.
O outro club mariñán, o CP Viveiro, con tres anulacións, un retirado e dúas embarcacións fora de tempo de control, tívose que conformar cos puntos e o bronce de Jesús Fdez. Dopico en K1 veterano, relegando a esta potente escadra a unha inhabitual 12ª posición por clubs, superados polo CP Altruán de Ribadeo ocupante da 9ª praza.
O campionato por equipas foi para Cambados, situándose no 2º posto o seu inmediato rival na Liga, o CMRA de Aldán. Terceiros, do total de 21 clubes, foron os vigueses do CKV. En consonancia coas lutuosas datas onde se celebrou o Campionato, suspendeuse a cerimonia protocolaria de entrega de medallas e trofeos por clubs.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
