O Centro Socio cultural de Riotorto acollerá os sábados 3, 10, 17 e 24 de agosto un curso de teatro denominado “Ponte en escena” dentro da oferta formativa do proxecto teatral Buxiganga 2013. Rosalía Quelle dirixirá o curso ‘Nós, personaxes en escena’ onde cada participante procurará descubrir que tipo de personaxe é mediante distintos xogos. Ademais, traballaranse textos contemporáneos e esceas cotiás que se representarán co resto dos compañeiros para demostrar ante o público todo o aprendido. Os interesados poden obter máis información en www.v1deputacionlugo.org ou no teléfono 982 260 141. Son 20 as prazas dispoñibles para este curso de teatro que ten un prezo de 20 euros, 10 para os participantes dos circuítos Buxiganga 2013.























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



