A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, reclamou este mércores que se reabra o arbitraxe para as máis de 20.000 familias galegas estafadas coas preferentes que, sendo casos similares ós resoltos, non foron chamados a esta vía; a anulación dos artigos da Lei 9/2012, que establecen a quita e o canxe por accións ó definir ós aforradores como inversores, obrigándoos a asumir unha parte do rescate dos bancos; así como o apoio de todos os grupos políticos ás demandas dos lucenses afectados por estas participacións.
García Porto, tamén vicevoceira do grupo provincial socialista, fixo estas reclamacións nun acto conxunto coa Plataforma de Preferentes de Lugo, no que tamén participaron o Deputado de Cultura e voceiro do BNG, Mario Outeiro, e a Deputada popular, Elena Candia, “sendo a 1ª vez na historia do organismo provincial, que se celebra unha rolda de prensa na que participan todos os grupos políticos con representación na institución. A situación ben o merece, e este Goberno Provincial mantén que a unión fai a forza”, subliñou García Porto.
Todos os participantes nesta convocatoria secundaron a petición de reabrir a vía de arbitraxe. Xabier Novo, representante deste colectivo, remarcou a súa necesidade, apuntando que foron 8.978 veciños da provincia con aforros en Novacaixagalicia Banco os estafados coas preferentes, dos que 4.728 entraron na vía de arbitraxe, quedando fóra 4.250 lucenses dos que todos son aforradores menos 2 inversores, segundo datos da propia entidade bancaria.
Novas manifestacións
Digna Lagarón, tamén integrante deste colectivo, salientou que “vamos a seguir loitando para recuperar o 100% dos nosos aforros”. Por este motivo, a Plataforma ten convocada unha manifestación para mañá, ás 18:00 horas, que partirá dende o multiusos da Xunta na capital luguesa, para a que pediu o apoio das institucións, “xa que de nada serven as palabras senón van acompañadas de feitos, porque moitos lucenses, que están sufrindo serias dificultades, non teñen solucionado este gran problema. Non vamos a parar. O xoves 18 voltaremos a manifestarnos”, adiantou. Pilar García Porto xa confirmou a súa participación nestas convocatorias.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



