Ribadeo, 10 de xullo de 2013. Máis de 6.000 persoas pasaron nos nove primeiros días de xullo pola praia das Catedrais e 1.500 pola oficina de turismo de Ribadeo. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lamenta que os negocios locais da vila, de Rinlo ou doutras parroquias non se beneficien en exceso da multitude de turistas que durante o verán chegan a ese areal.
A edil nacionalista sinalou que “Ribadeo segue a ser, e cada ano máis, un destino atractivo para moitas persoas que elixen pasar as súas vacacións ou parte delas no noso concello e mesmo na comarca da Mariña. Un reflexo claro son as máis de 1.500 persoas que pasaron a pedir información pola oficina de turismo de Ribadeo nos nove primeiros días do mes de xullo, incluso houbo xornadas nas que pasaron por estas instalacións en busca de información unhas 400 persoas”.
Ana Martínez indicou que “a estes datos hai que engadir o fenómeno que supón a praia das Catedrais cun fluxo de visitantes durante estes días de 500 persoas por xornada, dato que se triplica durante as fins de semana. Durante estes primeiros días do mes de xullo foron máis de 6.000 os visitantes que pasaron por este areal”. Para a concelleira de Turismo “a pena é que o aproveitamento turístico e económico non se vexa reflectido nos negocios para que puideran incrementar as súas vendas, por este número de persoas tan importante que chega á praia e que moitas veces marcha sen achegarse cara a nosa vila ou cara pobos e parroquias como Rinlo, A Devesa ou o concello no seu conxunto”.
Desde o Concello “seguimos a pedir de cantas administracións teñan competencias un verdadeiro plan que ordene este fluxo de visitantes, con ese aproveitamento e riqueza que suporía non só para Ribadeo, senón para a toda a comarca da Mariña. Aproveitamento que se tería que facer preservando sempre o que é o coidado medio ambiental e de conservación dun espazo único en Galicia e mesmo no mundo”.
Martínez explicou que “o Concello con ACISA busca estratexias que deriven cara os nosos comerciantes, hostaleiros, cara o que é o sector turístico dun xeito positivo. De aí que o ano pasado nacese a credencial do viaxeiro con máis de 2.000 expedidas a día de hoxe. E este ano se lle vai sumar unha nova iniciativa que é a tarxeta do viaxeiro, que en breve se presentará xunto con ACISA”.
A responsable de Desenvolvemento Local e Turismo pensa que “o fenómeno da praia das Catedrais está aí e non se está a tratar coa xustiza que merece”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



