Este venres 12 de xullo, a partir das 19 horas no Club de Tenis, celebraranse as finais de mixtos e masculino do torneo de pádel ACISA Ribadeo que se disputou durante as fins de semana do mes de xuño. A continuación, procederase á entrega dos trofeos ós campións e finalistas. A final de mixtos será ás 19 horas entre Gemma e Venancio (de Xove e Barres) contra Claudia e Eliseo (de Foz). Máis tarde, arredor das 20 horas, bateranse na final masculina o equipo formado por Sierra e Luis Siero contra o de Venancio e Diego Rey. Ó remate da segunda das finais procederase á entrega dos trofeos, unhas placas conmemorativas que plasmarán o campión e o finalista do trofeo de pádel ACISA de Xuño de 2013.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



