O venres 5 de xullo ás 11 da mañá presentarase en Agolada “GOURMET REGAL” a cargo de Manolo Gómez e Alfonso Otero Regal. Durante toda o fin de semana haberá un posto con meles, augardentes, cremas de augardente, licor café, licor de herbas, aceite, pastas das monxas de Valdeflores, caramelos artesanos con mel e, todo, en envases de cerámica; no marco da celebración do Corazón da Artesanía. II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. A artesanía galega marcará un ano mais no concello de Agolada, a súa diferenciación e identidade propia nun encontro único orientado á exhibición, comercialización e promoción dos nosos ofícios artesáns, pero tamén da paisaxe e a cultura tradicional e popular de Galicia. Nos Pendellos haberá artesanía en vivo, venda de produtos artesanais, obradoiros de artesanía e música para nenos e nenas, actuacións de baile e música tradicional, conferencias, exposicións e obradoiros Showcooking, degustación e venda de produtos gastronômicos.























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



