O Consello de Xunta reunido este xoves 4 de xullo aprobou un acordo polo que se autoriza a contratación, por parte do Servizo Galego de Saúde, da reserva e ocupación de prazas nas unidades de apoio comunitario para persoas con trastorno mental grave e persistente, polo procedemento aberto e trámite urxente, por un importe de 21.019.008 euros, para o período 2013-2017.
A reorganización da asistencia sanitaria ao trastorno mental grave e persistente en Galicia é unha iniciativa na cal a Administración sanitaria galega leva tempo traballando e que se enmarca no proceso posto en marcha polo Servizo Galego de Saúde destinado a completar e finalizar a reforma psiquiátrica na nosa Comunidade Autónoma. Así, o departamento que dirixe Rocío Mosquera Álvarez ten previsto aumentar o número de prazas dos dispositivos de rehabilitación comunitaria para persoas con trastorno mental grave e persistente.
Na actualidade os recursos concertados comprenden 904 prazas de Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, 42 pisos de apoio con 192 prazas e 87 prazas en unidade residencial. Para este ano, o Servizo Galego de Saúde ten previsto incrementar 10 prazas de Unidade Residencial na Mariña lucense. Cómpre resaltar que coa apertura de prazas na Mariña garántese a existencia de todo tipo de recursos (centros de rehabilitación psicosocial e laboral, pisos e prazas residenciais) nas catro provincias galegas.
Esta iniciativa supón unha clara aposta da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde pola atención a estes pacientes. Así, a pesar da crise económica, o incremento de prazas totais no período 2009-2013 é notable grazas ao esforzo orzamentario da Administración sanitaria galega. O dito incremento sitúase no 12,87%.
| Incremento prazas período 2009-2013 | |||
|
Prazas |
2009 |
2013 |
Incremento |
| CRPL |
819 |
904 |
10,38% |
| Piso |
173 |
192 |
10,98% |
| U. Residencial |
80 |
114 |
42,50% |
| Prazas totais |
1.072 |
1.210 |
12,87% |
| CRPL: Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral | |||






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



