A Pontenova, 29 de xullo de 2013.- O voceiro do Partido Popular na Pontenova, Jorge García, considera “necesario” que os orzamentos locais presenten algunha partida destinada a incentivar o emprego no municipio. Así, co obxecto de implicar á administración municipal na dotación de postos de traballo, o Grupo Popular da Pontenova vén de rexistrar unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria e na que insta ao equipo de goberno do Concello a que cree un plan de emprego municipal.
Jorge García realza a importancia da implicación do Concello na creación de emprego como “institución máis próxima ao cidadán” e polo tanto, engade o popular, “tenlle que axudar aos veciños nos seus problemas do día a día, sendo hoxe en día unha das máximas preocupacións a de facerlle fronte aos elevados índices de persoas en paro”.
O voceiro presenta esta iniciativa tras que o alcalde socialista desatendera en varias ocasións ás peticións dos populares nas que urxían e propoñían medidas orientadas a crear postos de traballo, “que vaian dirixidos a quen máis os necesita e á vez que axuden aos negocios locais, para os que tamén lles será moi vantaxoso contratar a alguén da localidade en vez de fora e que encima lles sexa rendible”, puntualiza.
O PP procurou en reiteradas ocasións a implicación do Concello na creación de emprego
Jorge García explica que as últimas actitudes postas de manifesto polo alcalde da Pontenova evidencian que o socialista “fai oídos xordos as demandas dos veciños trasladadas polo PP” ao negarse en varias ocasións a crear partidas dentro dos orzamentos municipais “que estivesen dirixidas ao fomento do emprego no concello, sobre todo entre aqueles veciños máis necesitados”.
O popular explica que o seu grupo votou en contra dos orzamentos 2012 e 2013, entre outros motivos, porque sendas planificacións de gasto para as respectivas anualidades non incluían ningún fondo dirixido ao fomento do emprego ou a incentivar o comercio, así como as pequenas e medianas empresas do municipio.
O voceiro reivindicou en varias ocasións a implicación do goberno local na creación de postos de traballo, realzando a importancia de xerar emprego “entre os máis novos que permita asentar a xuventude no noso concello”.
Propostas dos populares
Tras a negativa do alcalde socialista de atender a esta demanda durante o debate dos orzamentos, os populares rexistran agora unha moción dirixida a fomentar o emprego xuvenil, en particular, así como o do resto da poboación en xeral.
“Consideramos imperdoable que o alcalde dea as costas aos veciños e non atenda as peticións dos máis novos que queren traballar”, explica Jorge García, polo que, “vemos obrigado reivindicar a colaboración do goberno local” e para elo “presentamos esta iniciativa plenaria dunha maneira seria e construtiva, aportando ideas que reincidan no ben colectivo”.
Deste xeito, o PP da Pontenova na súa moción concreta que o plan de emprego que propoñen debe incluír, como mínimo, apoios que van dende a contratación directa do persoal, ata incentivos á contratación por parte de empresas e autónomos de persoas empadroadas no municipio.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



