O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha viaxe de fin de semana á Costa da Morte coruñesa. En Cee realizarán a ruta do Monte Pindo; pero tamén se achegarán de visita a Fisterra e Carnota. A viaxe arrinca o venres ás catro e media da tarde, polo que os interesados deben reservar praza antes do 2 de xullo nos teléfonos 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva). O prezo de inscrición é de 65 euros para os socios colaboradores, 75 para os non colaboradores e 95 para os que non son socios. Así, os prezos inclúen a noite do venres e o sábado, o almorzó do sábado e o domingo e a cea do venres nun hotel de Cee; ademais da viaxe en autobús e rutas cercanas. As demais comidas son por conta de cada participante. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de inscrición.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



