Ribadeo, 5 de xullo de 2013. Como cada verán ao longo de once anos, o vindeiro 7 de xullo dará comezo o Mercado dos domingos de Ribadeo, organizado pola asociación A Sucadoira e o Concello. Con esta actividade, situada na explanada exterior da Praza de Abastos en horario de 9 da mañá a dúas da tarde, “buscamos poñer en valor e promover os produtos locais, principalmente vinculados coa nosa horta, e dos que podemos e debemos destacar a súa calidade. Tamén poderemos degustar outros produtos como ostras da ría, queixos, conservas artesanais, pan de trigo e de centeo, empanadas, embutidos e poderemos atopar tamén outros artigos coma cestería e coitelería”, segundo explicou a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
A presidenta da asociación A Sucadoira, Ana Isabel Díaz, anima aos veciños e turistas a achegarse a “probar os produtos da terra, de Ribadeo e da comarca, ver a boa calidade dos mesmos, todos colleitados na zona. Poderán adquirirse patacas, grelos, leitugas, chícharos, pementos, tomates, cebolas, fresas, acelgas, espinacas e froitos de tempada de todo tipo, como arandos…”
Díaz afirma que aqueles que se acheguen aos Mercado dos Domingos notarán a frescura dos produtos, xa que se traen directamente da horta para o posto, de forma que conservan todo o seu verdor e calidade. E subliña tamén que ditos alimentos chegan ao seu destino sen necesidade de ningún intermediario. Así, alenta a que “a xente veña ver os nosos postos, como funcionamos e que proben os nosos produtos”.
O Mercado dos Domingos presentouse este mediodía no salón de plenos do Concello. Ao acto asistiron outros membros de A Sucadoira e o alcalde, Fernando Suárez.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



