Cervo, 4 de xullo de 2013. O BNG acusou hoxe ao goberno muncipal de andar buscando escusas de mal pagador para evitar dar cumpremento ao acordo plenario que o obriga a demandar “con urxencia e vehemencia” a recuparación da cuarta praza médica do concello, perdida tras a decisión do SERGAS de prescindir dos servizos dun dos catro profesionais médicos existentes ate agora no concello. Os nacionalistas denuncian que o goberno muncipal de Cervo está sendo a ferramenta útil do SERGAS para perpetrar a rebaixa na calidade asistencial no municipio e buscan escusas de mal pagador para non poñerse do lado da xente que é onde deberan estar.
ONDE ESTÁ O GOBERNO LOCAL QUE NON CONTESTA OS ARGUMENTOS DO SERGAS QUE INSISTEN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN QUE TRES MÉDICOS SON MELLOR QUE CATRO?
O portavoz municipal do BNG no Concello de Cervo, Xoán Antón Estúa, reafirmouse no argumento de que o goberno local está servindo de parapeto á Consellaría de Sanidade que insiste, un día si e outro tamén, en manter que a desaparición dunha praza médica do concello é positiva e mellora a calidade asistencial no municipio. Neste sentido insitiu en que “o goberno local e os dirixentes do Partido Popular asisten en silencio a declaracións de dirixentes do SERGAS que manteñen a decisión de prescindir dun facultativo no concello, cal é a razón pola que estes dirixentes locais calan no canto de defender o acordo plenario que demanda a recuperación da praza de facultativo perdido?”, preguntou o nacionalista.
Na mesma liña argumental Estúa preguntouse si o papel do goberno muncipal está en defender os intereses da veciñanza ou os intereses da dirección do SERGAS, e cuestionou a capacidade de influencia do alcalde e do Secretario Provincial do Partido que son incapaces de facer algo mais que remitir ao goberno galego un acordo plenario que deberan defender con unllas e dentes e non o ostán facendo.
O PRIMEIRO INCUMPRIDOR DE CONSENSOS É O GOBERNO LOCAL QUE NON DEFENDE O ACORDO UNÁNIME DA CORPORACIÓN PARA RECUPERAR A PRAZA MÉDICA PERDIDA
O nacionalista pediu ao Partido Popular repecto para as arredor de 200 persoas presentes no pleno do pasado día 20 que asistiron “de motu propio e sen coaccións de ningún tipo” ao debate do pleno extraordinario forzado pola oposición para tratar a perda dun médico no concello. Estúa “rexeitou a capacidade de influencia que lle outorga o PP cervense para manipular non se sabe qué”, é evidente, matizou, “que hai xente moi enfadada por esta e outras medidas que o PP está aplicando, pero aquí e até que se demostre o contrario, os únicos que están rebentando consensos son os dirixentes locais do PP e o goberno local que se negan a cumprir o acordo unánime da corporación para demandar a recuperación da praza de facultativo perdida”.
Estúa agarda que o goberno municipal tome nota do enfado da xente e saiba reaccionar para defender os intereses veciñais, hoxe mesmo tivo a ocasión de comprobar como “de forma totalmente expontánea” houbo xente que lle reclamou nas portas do concello solucións ao problema e non fixeron falta nin redactoras de prensa, nin chamadas a pechar filas en torno ao partido dirixente.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



